
Ourense recupera unha das súas principais vías de entrada ao centro. Tras as últimas inspeccións realizadas polos técnicos municipais, procedíase na mañá de hoxe a facer o acta de recepción da obra para, unhas horas despois, reabrir a infraestrutura ao tráfico rodado. A reapertura chega puntual e mesmo antes de tempo, tras cumprírense os seis meses previstos para as actuacións o vindeiro 16 de setembro.

“É unha das arterias de entrada do acceso ó centro, que usa o 90% da poboación da nosa cidade”, lembraba esta mañá o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. El mesmo explicaba que a obra “quedou tal cal estaba no proxecto e en condicións óptimas para a súa apertura”. As actuacións foron cofinanciadas pola Deputación e supuxeron un investimento de 506.850 euros.
Texto e fotos: Sara Fontenla