Galerías de fotosOurenseÚltima hora

As rúas da cidade libran a Batalla das Flores

As carrozas, o confeti e as serpentinas encheron de cor as rúas de Ourense

Miles de persoas citáronse hoxe, 1 de xullo, na rúa do Progreso para gozar dun dos eventos estrela das Festas de Ourense: A Batalla das Flores. Xigantes e cabezudos encabezaron este desfile cheo de cor e maxia que percorreu esta vía principal da capital das Burgas.

Música, cintas de cores e sacos de confeti foi a receita máxica que encheu de cor a cidade e tamén as cabezas da xente. Todos os que por alí pasaban marchaban cubertos de confetie e os máis cativos xogaban coas cintas esparexidas polo chan.

A música en directo tamén foi un dos compoñentes clave desta manifestación festivalera de cores que puxo o ton divertido a Ourense.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button