EconomíaEconomíaÚltima hora

Rubiá celebrará o seu Mercadiño de Nadal os días 7 e 8 de decembro

Un dos postos da pasada edición do mercadiño de Nadal./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A vindeira edición do exitoso Mercadiño de Nadal de Rubiá xa ten data. Será os días 7 e 8 de decembro e desenvolverase, novamente, nunha carpa climatizada que se instalará na praza do Concello.

O programa deste evento comezará o sábado 7 de novembro ás 16h. co acto inaugural e o público poderá vistar os diferentes postos ata as 20h. Ademais os asistentes poderán desfrutar dunha chocolatada ás 19h.

Xa o domingo, o mercadiño funcionará entre as 12h e as 14h. durante a mañá e de 16h. a 20h. pola tarde. Esa tarde haberá magosto. E entre os clientes dos postos a organización, mans do Concello de Rubiá, sorteará diversos produtos.

 

Back to top button