
O Concello do Barco ten publicado no perfil do contratante a licitación da obra de rehabilitación da contorna de igrexa de San Sebastián, en Xagoaza, cun orzamento de 82.000 euros. As empresas interesadas en concorrer a este procedemento poderán presentar as súas ofertas ata o día 7 de xaneiro. O prazo de execución dos traballos será de catro meses, contados desde a data da firma do contrato.
“A igrexa en cuxa contorna se realizará a rehabilitación está situada fronte ao albergue e, nestes momentos, o pavimento de formigón que rodea o templo está deteriorado e o muro que sostén a terras tamén ten danos, polo que se fai necesaria a súa rehabilitación”, segundo o Concello do Barco.
As obras comezarán coa retirada de parte do muro de cachotería, que linda coa rúa Barrio Casas Ferreiras e que actualmente se atopa caído nalgún punto. Procederase a refacer o muro coa mesma pedra ou similar, recrecendo a súa altura en 0,5 m ao longo de todo o perímetro para mellorar a súa estabilidade e evitar a caída dos peóns. Este murete continuarase cara á rúa onde se sitúa o Albergue, deixando un paso para acceso á zona de la igrexa e continuando cun borde de granito silvestre ata o poste de luz, para separar a zona do adio da igrexa da zona da calzada.
“Previamente á execución do muro, conectaranse as baixantes existentes nos laterais da fachada principal da igrexa a unha nova rede de pluviais, e sacaranse as augas fóra do muro mediante unha tubaxe enterrada. Para garantir a correcta evacuación das augas de choiva do resto da parcela, conectaranse o resto das baixantes, mediante tubaxe enterrada, á rede de saneamento que discorre pola rúa adxacente. Colocaranse arquetas de rexistro nesta rede de pluviais, e que, para que se mimeticen coa contorna, quedarán ocultas cunha laxa de granito silvestre similar ás do novo pavimento a modo de tapa, ou se colocarán baixo o novo pavimento nos sitios onde sexa posible. Soterrarase a liña eléctrica e colocaranse catro luminarias en cor negra mate, en substitución das luminarias actuais, e soterrarase a liña eléctrica entre elas. Retirarase o cadro de contadores situado na fachada da igrexa, e colocarase un novo cadro de contadores de aceiro con acabado en cor negra mate, fora da zona de Adro, soterrando a liña eléctrica ata a Igrexa”, indica o Concello.
Levantarase o pavimento de formigón do exterior da igrexa por medios manuais segundo sexa necesario para garantir a estabilidade de muros e edificación, respectando as especies arbóreas existentes, e retiraranse as luminarias e bancos existentes. Se rasanteará e procederase á colocación dun corredor de 1,20 de ancho ao redor do templo, de laxas macizas de granito de 120 cm de ancho, 40 cm de longo e 8 cm de espesor, mantendo co estado actual o resto do terreo. Estenderase unha capa de terra vexetal e céspede rústico no resto da parcela e, por último colocaranse tres novos bancos sen respaldo en substitución dos anteriores.