ConcellosO BarcoÚltima hora

Sae a licitación o acondicionamento da contorna da igrexa da Proba (O Barco)

Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

O perfil do contratante do Concello do Barco vén de publicar a licitación dunha actuación “para acondicionar, humanizando, a contorna da igrexa de Santa María da Proba sen actuacións sobre o edificio. Son por tanto, obras de acondicionamento do exterior que permiten potenciar a presenza da igrexa e mellorar a súa accesibilidade”. O orzamento base da licitación é de 116.055,94 euros con IVE, segundo os datos do Concello do Barco.

 

Back to top button