
Neste luns 23 de novembro saen á venda as entradas para a Festa de Fin de Ano en Viloira (O Barco), organizada pola Comisión de Festas e que contará coa actuación de Jorge Ferré, excantante da orquestra Panorama, entre a 1:00 e as 2:00 da madrugada e despois Dj Isra na Discoteca Opium.
As entradas, con aforo limitado a 500 persoas e dispoñibles no Bar Anj3l, custan 15 euros e inclúen: unha consumición, cotillón e unha rifa para participar no sorteo dunha viaxe dunha semana a Ibiza que se realizará ás catro da mañá. A festa celebrarase nunha carpa acondicionada con calefacción e haberá zona de bocadillos.