ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

Saída sorpresa do Meco da Romaría da Ermida (Quiroga) na tarde do 8 de setembro

 

Sorprendendo de maneira moi positiva á veciñanza, o Meco, figura enmascarada tradicional da Romaría da Ermida (Quiroga), percorría esta localidade na tarde do 8 de setembro, un dos días grandes da celebración. Facíao sen previo aviso, para dese xeito non crear aglomeracións e respectar as medidas sanitarias, e acompañado dun grupo tradicional.

 

 

Deste xeito, aínda que de forma novidosa, A Ermida recupera ao seu Meco, que acostuma acompañar á procesión na honra da Virxe xunto coas Pampórnigas, os días 8 e 9 de setembro. Desta volta, tal e como sucedía o pasado ano, non o fará. Aínda así, os veciños podían velo de novo pola rúa, coa súa vasoira de toxos e apañando algunha que outra broma e moeda do chan.

 

 

Ademais, na tarde do 8 de setembro A Ermida tamén se enchía do ritmo da charanga Louband (nun pasarrúas á cargo da Deputación de Lugo).

Imaxes cedidas pola Asociación Souto do Val.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button