ConcellosRibas de SilÚltima hora

San Clodio (Ribas de Sil) completa este 16 de agosto as súas festas patronais co Rock&Viño

 

Con actividades moi diversas está a celebrar as súas festas patronais San Clodio (Ribas de Sil), boa parte das cales tiñan como escenario a súa fermosa praia fluvial, ás beiras do río Sil. Así o 14 de agosto facíase unha xornada de portas abertas no Pazo da Cuesta, para os nenos había inchábeis e contacontos con Animar-T Teatro e “A historia de Martín”. A partir das 21:30h. facíase unha chourizada e criollada na praza do Concello con posterior actuación de Estefanía Fernández.

 

 

O xoves día 15 pola mañá tiña lugar un pasarrúas de Brabán Gaiteiros e ás 12h. saía a procesión polas rúas da vila, seguida da misa. Ademais, non faltaba a música con diversas actuacións na verbena.

 

 

E xa para este venres 16 de agosto está preisto o día do Rock & Viño, a partir das 19h. con ata catro actuacións diferentes. O broche das festas será unha sesión de fogos artificiais a partir das 00:30h. dende a praia fluvial.

Fotos cedidas.

 

Back to top button