
Todo listo na parroquia de San Martiño en Manzaneda para celebrar as Festas do Corpus Christi na fin de semana do 10 e 11 de xuño, tal e como vén de informar a súa comisión de festas. A música será o referente principal dun amplo programa que se iniciará o sábado ás 10h. cun pasarrúas a cargo da mocidade do pobo. Ás 13h. haberá misa solemne eguido de misa solemne e procesión, coa actuación do coro “Voces de San Martiño”.
Para as 13:45h. etá prevista unha sesión vermú coa actuación dos grupos de música tradicional “Quinchousa oscura” e “Pinguela”. Xa pola tarde, ás 18h. terá lugar un campionato de tute na escola vella e ás 21h. comezará a festa co grupo Rosán, que actuará de novo na verbena a partir da unha da madrugada. Logo a festa seguirá con Dj You.
Con música encetarase tamén a xornada do domingo 11 de xuño. Será cun pasarrúas a cargo da charanga El Tattoo. Ás 12:15h. oficiarase a misa solemne seguida da procesión, tamén coa actuación do coro Voces de San Martiño. Despois virá a sesión vermú coa charanga El Tattoo.
