DeportesÚltima hora

A San Silvestre ourensá dará o pistoletazo de saída o 31 de decembro

As inscricións estarán abertas até o 27 de decembro e o percorrido farase polas inmediacións do parque do Barbaña
Foto de grupo da organización da carreira no Salón de Plenos do Concello.
Foto de grupo da organización da carreira no Salón de Plenos do Concello.

Os amantes do “running” teñen unha cita o 31 de decembro coa San Silvestre Ourensá. O club deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello e coa autorización da Federación Galega de Atletismo , organizan esta cita que será no entorno do parque do Barbaña.

En canto aos participantes, a organización salienta que poderán participar “atletas federados e atletas populares” e realizarase unha clasificación conxunta.

Esta competición encontrase dentro do calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Delegación de Ourense de devandito organismo.

A competición contará con 11 categorías que van dende os “pitufos”, nados no ano 2010 e posteriores, ata a Absoluta. Os percorridos tamén estarán divididos por categorías. A primeira quenda, as 16:30 horas, correspóndelle aos “pitufos”, que percorrerán 80 m aproximadamente; ás 16:35 arrancarán coa carreira os Benxamíns e Alevíns, cun percorrido de 1.400 metros; quince minutos despois será a quenda dos Infantís e Cadetes, que por diante terán 2.350 metros de percorrido. Xa para rematar, ás 17:00 horas, sairá a categoría absoluta, conformada polos Xuvenís, Junior, Promesa, Senior e Veteráns.

O período de inscricións leva aberto dende o primeiro de decembro e rematará o 27 do mesmo mes ás 02:30 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse a través da web www.carreirasgalegas.com e o custe de inscrición é de 5 euros para as categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns. Para o resto de categorías a inscrición será gratuíta. A recollida de dorsais e chips terá lugar no “Turín2, ubicado na rúa Cardenal Quevedo 19, o día 30 de decembro entre ás 16:30 e as 20:30 horas.

Por outra banda, aos que non lles guste, ou non poidan correr, hai a posibilidade de realizar doazóns “Dorsal Cero” de dous euros que irá destinada á Cruz Vermella de Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button