ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río, “con voz propia en Europa”

Este Concello vén de participar nunha reunión sobre a crise enerxética, convidado polo Comité Europeo das Rexións

Imaxe da reunión./ Cedida.

 

San Xoán de Río, convidado polo Comité Europeo das Rexións (CDR), participaba o pasado luns nunha reunión sobre a crise enerxética e solucións. O obxetivo: “a crise enerxética e como preparar os concellos para afrontar o seguinte inverno e as solucións que nos plantea directamente a Unión Europea os concellos e rexións xa que según eles, os estados non están utilizando correctamente as ferramentas que a UE puxo a súa disposición”, explican dende o Concello.

Moderado por David Crous, director de comunicación do CDR, interviron primeiramente, Rafael Trazaskowski, alcalde de Varsovia (Polonia), Kata Tűttö, tenente alcaldesa de Budapest (Hungria) e Andries Gryffroy, membro do Parlamento de Flandes (Bélxica).

Despois daban paso ao resto de participantes. “Penso que San Xoán de Río era o único concello español representado. Na nosa pequena intervención protestamos pola actual xestión da crise enerxética por parte do goberno español, algo ao que varios dos organizadores da reunión nos deron a razón”, comenta o rexedor de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, “ademais dende outros países dixéronnos que podemos acudir directamente a Europa para conseguir financiamento para sobrelevar a actual crise, explicándonos que agora é o momento de facer investimentos para loitar contra a pobreza enerxética. Rexións e concellos europeos están sendo arruinados ao multiplicarse os custes da enerxía por entre 8 e 14 veces o actual. Tamén se falou de que temos 3 crises: a inflación, a pandemia e a crise enerxética”.

O alcalde de Río tamén incide en que no encontro poñíase de manifesto que “temos que cambiar absolutamente de modelo enerxético e agora mesmo é o momento de facelo”. Así mesmo, Pérez Blecua valora moi positivamente a presenza de Río neste encontro europeo. “Fai 4 anos, a maioría da xente non sabía que existía San Xoán de Rio, e hoxe ata temos voz directa en Europa e seguiremos traballando por mellorar a calidade de vida da xente que vive na nosa zona”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button