O Congreso Internacional sobre Xestión Creativa e Posta en Valor do Patrimonio Cultural, celebrado os días 23 e 24 de abril, reunía en San Xoán de Río (Ourense) e Sabrosa (Portugal) a destacadas figuras da arqueoloxía, a historia, a museoloxía e a xestión cultural de toda Europa.
Este foro, organizado no marco do proxecto European Celtic Roots, contaba coa colaboración da Associação de História e Arqueologia de Sabrosa, o Concello de San Xoán de Río e a Asociación VerdeMente, co obxectivo de propoñer estratexias de valorización do patrimonio cultural e naturalligado á Idade dos Metais e ao universo simbólico das culturas celtas.
Durante a xornada celebrada en San Xoán de Río, inaugurada pola directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua, presentáronse investigacións sobre elementos destacados como a espada de Mouruás, da Idade do Bronce e atopada na aldea de Río da que toma o nome; os castros galegos ou o patrimonio arqueolóxico do val do Navea.

A clausura deste encontro corría a cargo de Alexandra Seara, xerente do Consorciode Turismo da Ribeira Sacra. O segundo día, en Sabrosa, os participantes visitaron xacementos arqueolóxicos e compartiron experiencias arredor da dixitalización, a identidade rural, os museos e o celtismo contemporáneo.

Autoridades locais como o vicepresidente da Cámara Municipal, Martinho Gonçalves, e oconcelleiro António Araújo, deron a benvida aos asistentes.O congreso destacou pola súa vontade de tender pontes entre Galicia e Portugal, promovendo acooperación transfronteiriza e rural como ferramenta de desenvolvemento.

“Cando traballamos xuntos, non sumamos, multiplicamos”, sinalou o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, quen puxo en valor a oportunidade de crear unha folla de ruta compartida para o futuro do patrimonio cultural noterritorio.Este evento forma parte dunha serie de accións conxuntas que continuarán nos vindeiros meses,co obxectivo de fortalecer a rede de pobos con raíces celtas e impulsar o seu potencial cultural,educativo e turístico.
Fotos cedidas.