Numerosos veciños de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), pero tamén de núcleos próximos, desfrutaban unha espontánea celebración do San Xoán nesta vila. A iniciativa partía de Trini, a persoa que leva o Centro Socal Pontenova de Sobradelo que, de xeito improvisado, poñía en marcha unha exitosa celebración na que se asaba uns 40 quilos de deliciosas sardiñas e outros tantos de saborosa panceta.
Todo un éxito de celebración, na que se enchía o aparcamento do Centro Social, e na que se unía a veciñanza arredor da festa e da gastronomía na noite do sábado 22 de xuño.
Fotos cedidas.