Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Secundino Fernández: “No programa do BNG levamos un plan de rescate da sanidade pública, con novas especialidades para o noso hospital”

Así o aseguraba o número 4 da lista do BNG por Ourense ás eleccións galegas, tras a concentración en defensa da sanidade celebrada esta tarde no Barco

 

“Estamos na área de Valdeorras reivindicando este hospital que o PP quere converter nun mero centro de saúde, xa o leva intentando varios anos e grazas a veciñanza que sempre estivo aí defendendo non se conseguiu”, dicía en rolda de prensa Secundino Fernández, número catro da candidatura do BNG por Ourense tras a concentración celebrada na tarde do 7 de febreiro no Barco. Asistía ao acto xunto a outros representantes do BNG en Valdeorras, a un deputado provincial desta formación, así como ao número 8 da lista, Vilasánchez.

“Agora a veciñanza debe ter en conta que o día 18 de febreiro unhas eleccións e unha posibilidade de cambiar este goberno do PP, que o único que fai é maltratar á sanidade pública, que é unha das bases máis importantes que pode ter a nosa sociedade, e que a quere privatizar”, aseguraba Secundino Fernández.

 

 

Así mesmo, o candidato nacionalista sinalaba que “dende o BNG estamos tratando de loitar contra isto e no noso programa Ourense Vivo levamos un plan de rescate da sanidade pública, con novas especialidades para o noso hospital e tamén de rescate da primaria”, concluía, pedindo ademais a construción do novo Centro de Saúde da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button