Tamén ás 12h. deste mediodía de 18 de febreiro exercía o seu dereito ao voto o número 4 da lista do BNG pola provincia de Ourense, Secundino Fernández, no colexio electoral de Viana do Bolo. Despois de votar, manifestaba ao Periódico O SIL que “hoxe é un día moi importante para Galiza e xogámonos o futuro dos próximos 4 anos”.
Así mesmo pedíalle á cidadanía que vaia a votar “e que haxa unha participación positiva para que realmente o goberno que saía sexa un goberno co aval da máxima poboación do país e, por suposto, de Viana do Bolo”.
Fotos cedidas.