A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Seguen á baixa os casos de Covid nos centros educativos de Valdeorras

 

Seguen baixando os casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca de Valdeorras. Son un total de 4 (1 menos que onte), segundo os últimos datos da Xunta. Rexístrase un positivo menos no caso do Barco xa que o IES Martaguisela pasa de 2 a 1, nesta xornada, mentres o IES Lauro Olmo segue con 1 e o CEIP Otero Pedrayo tamén con 1.

Repítense tamén os datos na Rúa, onde o Colexio Pablo VI-Fátima continúa cun caso activo.

Os centros da provincia de Ourense rexistran un total de 42 casos activos de Covid-19 e 1 aula pechada.

Artigos relacionados

Back to top button