ConcellosO BarcoÚltima hora

Seguen as concentracións de apoio ao pobo palestino no Barco

 

Seguen as mobilizacións de apoio a Palestina. A praza do Concello acollía ás 20h. deste luns 18 de novembro unha nova concentración para denunciar publicamente a situación que vive dende hai máis dun ano o pobo palestino. Durante o acto unha veciña, Iris Gey, procedía a dar lectura ao manifesto da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina.

“A nosa mobilización, os centos de mobilizacións que levamos convocadas en todo o país no último ano e que continuamos a convocar teñen esa función: loitar contra a impunidade. Cando nos propuxemos non deixar nunca de falar da Palestina o que nos estabamos a prometer era non deixar nunca de sinalar os responsábeis”, citando o manifesto.

 

Cedida.

 

Ao mesmo tempo que no Barco esta tarde tamén se celebraban concentracións noutras 32 localidades de Galicia. No caso da provincia de Ourense eran Allariz, Manzaneda, Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Viana do Bolo e Verín. Así mesmo anunciabanse novas mobilizacións nas ruás o vindeiro 2 de decembro.

Fotos cedidas: O SIL.

 

Back to top button