Por segunda fin de semana consecutiva, as pistas de atletismo Luis Nogueira do Barco acollían unha dobre cita deste deporte. Así, ás 17h. comezaba a segunda Xornada Xogade Valdeorras, coa proba de 4×80 infantil mixto. Despois viñan o salto de tesoira benxamín e alevín (en categorías feminina e masculina), mesmo que o salto de altura alevín, os 2 km marcha infantil ou o lanzamento de pelota alevín.

Logo viñan as diferentes carreiras e o programa da xornada concluía co salto de lonxitude infantil e co lanzamento de pelota benxamín e peso infantil. Ademais de deportistas do Club Adas Cupa do Barco, entre os participantes estaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives.
Ademais, as pistas barquenses acollían un control de marcas a partir das 19h.
Fotos: Carlos G. Hervella.


