ConcellosÚltima hora

Seis distintivos á permanencia durante 25 anos para voluntarios de Protección Civil do Barco

 

Entre os voluntarios de Protección Civil que resultaban galardoados esta mañá polos seus 25 anos de servizo por parte da Xunta de Galicia, estaban seis membros da agrupación do Barco de Valdeorras: Fidel Castro Rodríguez, José Díaz Díaz, Miguel Ángel Estévez Valle, Manuel Goenaga González, Íñigo Javier Melo Moreno e
José Luis Nóvoa Domínguez.

Por diferentes circunstancias, só dous deles puideron acudir á cerimonia celebrada na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública): Fidel Castro e Miguel Ángel Estévez.

Fotos cedidas.

Back to top button