SanidadeÚltima hora

Sesión virtual sobre Covid-19 dende a Academia Médico Cirúrxica de Ourense

Entre os catro relatores participantes estará un facultativo do Hospital de Valdeorras

 

A Academia Médico Cirúrxica de Ourense ( AMQ) celebrará unhao vindeiro 5 de novembro de 2020 ás 20 horas unha nova sesión co título “Covid-19: leccións aprendidas e desafíos futuros”. Realizarase mediante Videoconferencia on- line.

“Trátase da primeira das dúas sesións que a Academia MQ vai dedicar ao Covid, e na que van participar profesionais médicos de diferentes servizos e dispositivos asistenciais da área Sanitaria de Ourense. A seguinte sesión será o 19 de novembro”, tal e como se adianta dende a Academia Médico Cirúrxica de Ourense.

Catro serán os relatores desta primeira sesión: os doutores Javier Alba Domínguez, facultativo especialista de Área no Servizo de Microbiología do Hospital de Valdeorras; María Milagros Cid Manzano, xefa de sección da Unidade de Reanimación do CHUO; María Dolores Díaz López, facultativo especialista de Área no Servizo de Medicina Interna do CHUO; e Pablo Vidal Cortés, facultativo especialista de Área no Servizo de Medicina Intensiva do CHUO.

A xornada será presentada polo doutor Juan González Adoitar, facultativo especialista de Área no Servizo de Medicina Interna do CHUO.

A sesión podería seguirse a través da Canle Youtube: CANLE AMQ https://www.youtube.com/channel/ucxujj6 Vu4 dXEtFOKatnkM6A/vídeos

Tamén dende a web da AMQ: www.amqourense.com

Artigos relacionados

Back to top button