Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Sexta etapa do Club Peña Trevinca Barco polo “Camiño do Monxe”

 

Neste sábado 4 de maio os membros do Club Peña Trevinca Barco realizaban a sexta e penúltima etapa do “Camiño do Monxe”, unha senda de longo percorrido polo corazón da Ribeira Sacra. Era un traxecto de 21 km entre Maceda e Montederramo, “un camiño tranquilo, con máis ascensos que descensos, pero sen grandes desniveis e no que, pese as previsións de chuvia, non nos choveu”, explica o presidente do Club Peña Trevinca Barco, Miguel de la Cal.

 

 

 

A comida facíana en Montederramo e e aproveitaban para percorrer, nunha visita guiada, as diferentes depedencias do Mosteiro de Montederramos, do que quedaban sorprendidos pola súa singularidade e beleza.

 

 

Agora, o club xa pensa no que será a sétima e derradeira etapa desta senda, entre Montederra, que prevén poida realizarse a finais de xuño. Ademais pretenden facer dela unha festa e convidan a participar as persoas que facían as anteriores etapas. Unha celebración na que tamén pretenden facerlle unha homenaxe a Javier, o artífice deste fermoso traxecto.

Fotos: Club Peña Trevinca Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button