ConcellosEconomíaEconomíaO BarcoÚltima hora

SKANDALO, o novo proxecto do hostaleiro Javier Ferrer, abre as súas portas no Barco

 

Cun animado ambiente abría as súas portas a partir das 20:30h. un novo local de hostalaría no número 10 da rúa Abdón Blanco do Barco. Trátase de SKANDALO, unha nova aposta no mundo da hostalería de Javier Ferrer, empresario que chega á vila barquense avalado polo seu bo facer no Bravo Lux da Rúa, local que anunciaba o seu peche o pasado outubro.

 

 

“Este é o principio, non deixa de ser unha inauguración, pero o local terá que rodar e iremos vendo… queremos apostar polo tardeo, por ser un local de primeira hora no mundo da noite e por programar algún DJ e concertos segundo vaiamos vendo”, explica este hostaleiro.

 

 

Así, Javier Ferrer embárcase agora nunha nova aventura cheo de ilusión e cun concepto diferente, máis definido e enfocado a un perfil de cliente que guste da música indie, do pop-rock español dos 80 e do tardeo. O establecemento abrirá as súas portas esta tarde desde as 20:30 ata as 22:30 h. e contará cun cortador de xamón, paella, refrescos, viño e cervexa para todas e todos.

 

 

O horario de apertura será dende as 12:00 h. da mañá ata peche e a idea de inicio é comezar a dar tapas coas consumicións, tapas que a medida que comece a rodar todo irán aumentando en variedade.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button