ConcellosSoberÚltima hora

Sober achega a actividade física aos maiores a través do proxecto “O SAF actívate”

Os usuarios e usuarias que decidan participar nos xogos e actividades propostas levarán un agasallo a finais de ano

 

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que pretenden achegar a actividade física e cognitiva ás persoas maiores, en concreto a aquelas que son beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar. Para iso, as traballadoras sociais da localidade, Patricia González e Ana de la Torre, desenvolveron o proxecto para achegar aos fogares a actividade física e cognitiva para mellorar a saúde e incrementar a calidade de vida, autonomía e benestar emocional dos usuarios e usuarias.

A través das ferramentas que veñen de poñer á disposición dos usuarias e usuarias do SAF, preténdese que os maiores executen as actividades co persoal de axuda no fogar.

Para cumprir con este obxectivo, o Concello de Sober vén de adquirir diferentes materiais que lles faciliten a posta en marcha das seguintes tarefas, creadas de xeito específico para os usuarios e usuarias da localidade:

1. “Buscando no baúl dos recordos”: Os usuarios e as usuarias deberán compartir os seus recordos co persoal auxiliar, amosándolle os albumes de fotografías cos que contan no domicilio. A finalidade desta actividade é a de que pasen un rato agradable de ocio, mentres activan a súa mente recordando as persoas e os feitos que se amosan nas diversas fotografías.

2. “Botamos unha timba?”: Con elo, preténdese que os e as maiores se divirtan xogando co persoal auxiliar a un xogo de cartas, obtendo, así, beneficios cognitivos.

Artigos relacionados

Back to top button