CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sober acolle un concerto de dúas bandas de música militares

Terá lugar o vindeiro catorce de setembro

Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa.

 

O Concello de Sober organiza un concerto de dúas bandas de música militares. Serán a Unidade de Música do Terzo Norte da Armada, con sede en Ferrol, e a Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa, con sede na Coruña.

 

Unidade de Música do Terzo Norte da Armada.

 

Está programado para o vindeiro 14 de setembro ás 19:00 horas, na Praza do Toural. Así, esta actuación está enmarcada na programación das Festas do Carme da localidade e servirá como homenaxe polo 150 aniversario da Banda de Música de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button