
O Concello de Sober celebrará o 1 de marzo o día grande do Entroido. Previamente, terán lugar o Xoves de Compadres, o 20 de febreiro, e o Xoves de Comadres, o 27 de febreiro.
Nos últimos anos foron moitos os lugares e aldeas que se sumaron a esta tradición, ademais do propio Concello de Sober, que cada ano expón os seus compadres e comadres diante da Casa Consistorial.
O sábado día 1 de marzo farase un desfile de comparsas con saída ás 17:00 horas. Ás 18:00 horas haberá xogos, inchables, música e merenda para todos e todas no pavillón municipal. Ás 19:30 horas haberá un concurso de disfraces e ás 20:00 horas degustación de cachucha e viño de Amandi.
Haberá premios para os adultos e para os nenos e nenas. As comparsas recibirán 60 euros só por participar e 30 os grupos. O Concello de Sober repartirá case 2.000 euros en premios nas diferentes categoría; 4 nas de adultos: comparsas, grupos, individual e parellas; e dúas na infantil: grupos e individual e parellas.
