CarballedaConcellosÚltima hora

Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) lembrará o seu pasado ferroviario o 31 de maio

Zona do aparcamento da estación de ferrocarril de Sobradelo./ Foto: A.R.

 

A vila de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) renderalle homenaxe ao seu pasado ligado ao tren o vindeiro 31 de maio. Será a partir das 16:30h. cando faga unha parada na súa estación o “Tren Histórico” procendente de Toral de los Vados, cheo de veciños desta localidade berciana. Un momento de celebración no que o Concello de Carballeda de Valdeorras convida á veciñanza a acudir vestidos de época. O ambiente estará animado pola Dj Futuro.

 

 

A celebación continuará en Sobradelo ás 21h. no aparcamento, coa actuación do grupo Recuerdos, unha formación que interpretará música das décadas do 60, 70 e 80. E, despois,a música seguirá da man de Dj Futuro.

Estes actos enmárcanse no programa do XXII Toral en Tren.

 

 

Back to top button