CarballedaConcellosÚltima hora

Solemne celebración do Pai Eterno en Lardeira (Carballeda de Valdeorras)

 

Na fin de semana do 14 e 15 de xuño a localidade valdeorresa de Lardeira (Carballeda de Valdeorras) celebraba as festas na honra ao Pai Eterno. Unha celebración entre a festa popular e unha fonda devoción que reúne cada ano a numerosos devotos en torno á imaxe da Santísima Trinidade.

 

 

O programa comezaba o sábado co baile a cargo do dúo Gozadera e a cea popular, pechando a xornada o concerto a cargo de Sabela.

 

 

E xa o domingo numerosas persoas acudían ao acto central da romaría, a procesión coas imaxes do Pai Eterno e a da Virxe polas rúas da localidade, pasando nalgúns puntos por debaixo da imaxe. No decurso da celebración relixiosa interpretábanse os “Gozos” do Pai Eterno, cunha serie de estrofas que interpretan, de forma alterna, mulleres e homes.

 

 

Ao finalizar os actos litúrxicos tiña  lugar a sesión vermú a cargo de orquestra Galaxia, que tamén era a encargada de poñer a nota musical ao baile de tarde, poñendo broche á festa.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button