Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Suso Vilasánchez: “Tivemos un gran avance en apoios en Valdeorras e temos que agradecerllo á xente que confiou en nós”

O número 8 da lista do BNG pola provincia valora os resultados desta formación que logra 4 escanos por Ourense, 1 máis que no 2020

 

Cun sabor agridoce se valora os resultados electorais Suso Vilasánchez, número 8 da lista do BNG pola provincia de Ourense, na que pasaron de 3 a 4 deputados. “Estamos relativamente contentos co resultado, non era meta que nos tiñamos marcado, pero está ben e non podemos máis que agradecer todo o apoio da xente que confíou en nós, que nos votou e temos que dicir que tivemos un gran avance en apoios na comarca de Valdeorras e no concello do Barco e seguiremos neste camiño. A próxima vez non só quedaremos con este resultado, acadaremos o goberno de verdade porque imos pelexar por el e dicirlles aos compañeiros que batallaron que sigan así porque este é un bo camiño, isto é simplemente un pequeno tropezo”, dicía Vilasánchez, tras coñecerse o resultado do escrutinio.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button