![](https://osil.info/wp-content/uploads/2018/12/concello.jpg)
“Depois dunha reflexión aberta fai máis dun ano”, a Corporación de Parada de Sil acordaba no pleno celebrado o 28 de novembro, e a iniciativa do grupo de goberno socialista, suspender as licenzas para rehabilitación e/ou construción para aloxamento turístico no núcleo de Parada de Sil. Neste senso, o equipo de goberno plantexaba unha serie de argumentos para tomar esta decisión reafirmando o valor do turismo como o principal motor económico do concello na actualidade.
Sinalouse que, segundo o REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Axencia Galega de Turismo, no núcleo de Parada de Sil no día de hoxe hai 111 prazas para durmir en distintos tipos de aloxamento, “o que obviamente xera riqueza pero tamén inconvintes para a veciñanza”. Neste senso, dende a alcaldía de Parada de Sil, que ostenta Aquilino Domínguez, esta oferta é suficinte.
Nese senso, “co animo de reordear os servizos como abastecemento de auga, saneamento, recollida de lixo, aparcadoiros e tráfico o Concello aprobou esta proposta inicialmente durante dous anos para avaliar as respostas correctas a situación actual e mesmo ó impacto da posible e agardada declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade”, indica o grupo de goberno.
“É un obxectivo do alcalde”, engaden, “seguir construíndo unha Parada de Sil con postos de traballo e perfecta harmonía entre visitantes e veciñanza. É o momento de abrir unha reflexión tranquila sobre este tema”.
Por outra banda valorando que non hai vivenda de aluguer non turístico, espérase dende a alcaldía que, cos estímulos que se ofertarán dende a mesma, os traballadores que veñen doutros concello, se así o desexan, poidan encontrar unha vivenda de aluguer.
Por último insístese dende a alcaldía que esta medida só afecta ao núcleo de Parada de Sil, agardando que os emprendedores invistan noutras localidades do concello e así se manteña o patrimonio rural construído nos mesmos.