
O venres 15 de agosto comezaban a arder as montañas nas que o Club Atletismo Rúa realiza as súas probas. Uns montes que foron pasto das chamas quedando reducidas a cinsa e desolación. Por iso a II Andaina Serra do Cereixido 2025 que se ía celebrar o vindeiro 5 de outubro, queda suspendida.
“É moi duro para nós como organización tomar esta decisión, pero o noso monte queimouse, a nosa natureza está morta e o noso ánimo decaído”, din dende Atletismo Rúa, recoñecendo que máis duro é aínda para o medio Ambiente, para os pobos e casas que se queimaron. “Sentímolo moito pero non cabía outra decisión ante a magnitude da catástrofe”, aseguran.
