CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Suspéndese o partido deste sábado do CD Barco co Verín CF, no Memorial Miguel Fariñas

O encontro pasará a celebrarse o 13 de agosto e o conxunto barquense enfrontarse co equipo frances Academia IC 360

 

Estaba previsto que o estadio barquense de Calabagueiros acollese este sábado 8 de agosto, a partir das 18 horas, o XI Memorial Miguel Fariñas. Sería o primeiro test para o CD Barco, que esperaba enfrontarse co Verín CF. Porén, o CD Barco vén de comunicar a suspensión deste partido pola imposibilidade do equipo de Verín de acudir.

Aínda así, a celebración desta edición do Memorial mantense e pasa para o xoves día 13, tamén en Calabagueiros, e o rival dos locais será o equipo francés Academia IC 360. A hora está pendente de concretar.

Back to top button