A RúaConcellosÚltima hora

Taller de defensa persoal dirixido a vítimas de violencia de xénero organizado na Rúa

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistiu esta mañá na Rúa ao segundo taller de defensa persoal dirixido a vítimas de violencia de xénero organizado pola Subdelegación de Ourense en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

O ciclo comprende un total de cinco talleres impartidos por axentes especializados da Garda Civil e a Policía Nacional, co obxectivo de que as participantes aprendan técnicas básicas de prevención e autodefensa para liberarse e poder escapar dun intento de agresión machista.

O de hoxe tivo lugar nas instalacións municipais do antigo colexio Nosa Señora de Fátima da Rúa, e nel tamén estiveron presentes o tenente Paul López e o capitán Ramiro González do Posto da Garda Civil da Rúa, así como a alcaldesa do municipio, María González Albert.

Os seguintes serán en Celanova, Verín e Ourense capital, coa finalidade de facilitar a asistencia ao maior número posible de vítimas. Trátase dunha iniciativa de vital importancia dado as cifras actuais da violencia de xénero no noso país, como reflexan os 543 casos activos que hai neste momento na provincia de Ourense no Sistema Viogén.

Artigos relacionados

Back to top button