A Casa da Cultura de Rubiá acollerá a partir desta fin de semana, en concreto do venres 31 de xaneiro, unha serie de obradoiros infantís promovidos por dúas monitoras (Ana Lucía Real e Selene González), en colaboración co Concello.
“Serán talleres temáticos onde os máis pequenos poderán facer manualidades, xogar, bailar e gozar. Tamén haberá pintacaras e algunhas sorpresas. Cada semana será unha temática distinta e levaranse a cabo os venres pola tarde e os sábados pola mañá”.