EconomíaEconomíaÚltima hora

Talleres prácticos de escaparatismo para comerciantes e Pemes, no Barco

AEVA e a Deputación de Ourense ofrecen esta formación gratuíta para comercios de todos os sectores de Valdeorras

 

A Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), coa colaboración da Deputación de Ourense, organiza dous talleres prácticos de escaparatismo dirixidos a comerciantes e pemes locais de todos os sectores. Estes talleres serán impartidos por Cany Juncal, unha experta en Visual Merchandising e montaxe de escaparates, galardoada a nivel autonómico e nacional con premios en escaparatismo.

Os talleres, con prazas limitadas, terán lugar os domingos 29 de setembro e 6 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00, e ofrecerán un enfoque práctico que permitirá aos asistentes adquirir as ferramentas e técnicas necesarias para deseñar escaparates atractivos e efectivos.

Datas horarios e Contidos

• Domingo 29 de setembro: Taller xenérico de escaparatismo. • Domingo 6 de outubro: Taller especializado en escaparates do Nadal. Lugar: Academia Epsilon – O Barco. Ademais, os participantes terán a oportunidade de acceder a unha mentoría personalizada, na que poderán traballar directamente nas súas necesidades específicas de deseño de escaparates, baixo a asesoría de Cany Juncal, nun día laborable a convir.

Inscrición Obrigatoria: • Gratuíta para asociados a AEVA. • Para persoas non asociadas a AEVA, a inscrición ten un custo de 20 € por cada taller e mentoría personalizada. Inscrición e información a través do formulario:
https://forms.gle/v3kmGQK2UfCtgrKp8

Artigos relacionados

Back to top button