Como un agasallo de Nadal, na tarde do 26 de decembro os nenos e nenas do municipio de San Xoán de Río recibían a visita dos Bolechas. Arredor das 17h. estes simpáticos personaxes chegaban ao pavillón municipal, onde se reunían cos máis pequenos para compartir unha tarde de ilusión, xogos, risas, baile e mesmo deporte. Ademais a tarde endozábase cunha chocolatada.
Esta actividade forma parte do programa de Nadal do Concello de San Xoán de Río.
Fotos cedidas polo Concello de San Xoán de Río.