ConcellosTrivesÚltima hora

Teatro, circo, poesía e danza en Trives para finalizar a Semana das Letras Galegas

A Praza do Reloxio da vila acollía esta tarde de domingo o espectáculo "Xela fala coa natureza"

 

Cun singular espectáculo que engarza teatro, circo, danza ou poesía vén de concluír este domingo Trives os actos da Semana das Letras Galegas. A praza do Reloxio trivesa acollía esta tarde a actuación “Xela fala coa natureza”,  dirixida a un público familiar e cun marcado compoñente didáctico.

Esta función, dirixida por Joaquín Rodríguez, conta cun elenco formado por actores como Rosa Puga, Joao Alvim, Miguel Aparicio, Darío Escudero, Ismael Veloso, Iria González, Laura Martínez, Gabriela Saeta e Aida Souto.

No decurso da representación, cuxo eixo central era a poesía de Xela Arias, transmitíase a a necesidade de poñer en valor a natureza a través da música e dun grupo profesional de danza, que traballaba cunha tea artística xigante como símbolo da auga, un elemento básico para a vida. Tamén estaaba presente o lume a través dun artista de circo con diferentes técnicas que sorprendía ao público.

Dende o Concello de Trives agradecíase a asistencia dos veciños ao espectáculo e o seu cumprimento das normas de prevención do Covid-19.

Fotos cedidas.

Back to top button