OurenseÚltima hora

Teatro en inglés no Auditorio para fomentar a súa aprendizaxe nos nenos

O Concello de Ourense organiza representacións dos clásicos ‘Robin Hood’ e ‘Os tres porquiños’ na lingua de Shakespeare
As funcións teñen lugar na Sala Principal do Auditorio ourensán.
As funcións teñen lugar na Sala Principal do Auditorio ourensán.

O departamento de Educación do Concello de Ourense organiza varias representacións teatrais de contos infantís en inglés para fomentar a aprendizaxe e a comprensión oral deste idioma. Faino a través dos clásicos ‘Robin Hood’ e ‘Os tres porquiños’. Hoxe, luns 23 de maio, xa tiveron lugar as primeiras funcións, que continúan mañá martes, 24, no Auditorio, en horario de 10 a 12h.

A compañía interpretou hoxe ‘Robin Hood’ na Sala Principal do Auditorio ourensán, deixando para mañá a obra de ‘Os tres porquiños’. Teatre4schools adapta o vocabulario da lingua ao nivel axeitado ás idades dos asistentes. Ademais, como son contos clásicos, que todos os nenos coñecen, é máis fácil a súa comprensión.

En total pasarán uns 1.100 alumnos de Infantil e Primaria de máis dunha vintena de centros de ensino de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button