ConcellosÚltima hora

Tempo de Samaín en Trives

A vila celebrará esta festa cos máis pequenos na tarde do 31 de outubro

Entre os ritos e antigas crenzas en relación coa noite do 31 de outubro ao 1 de novembro está a celebración do Samaín. Entre as localidades que recrearán esta tradición estará A Pobra de Trives. Así, na tarde do 31 de outubro, xa caendo a noite, no Concello da Pobra de Trives festexarase “un Samaín con terroríficos e divertidos xogos para os cativos e cativas, truco ou trato, obradoiros, xogos variados e algunha actividade máis”, adiantan dende o Concello de Trives. Esta actividade dará comenzo ás 18h. no Paseo San Roque a carón da Casa Consistorial.

Artigos relacionados

Back to top button