EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Terra de Godello, nova adega certificada baixo o selo da D.O. Monterrei

 

A sede da entidade acolleu unha reunión do Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei, destinada a valorar a certificación dunha nova adega do territorio vitivinícola. Unha vez o comité constataba que esta superou todos os requisitos necesarios, a adega Terra de Godello, S.L. (situada no Rosal -Oímbra-) pasa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía: branco Monterrei.

Esta certificación posibilita que a adega utilice na etiquetaxe das súas botellas as tirillas distintivas da D.O. Con esta incorporación xa son 29 as adegas rexistradas e certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que aglutina os municipios de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 798,10 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores.

Back to top button