
Incisivas guitarras, desgarradoras e ancestrais harmonías vocais, ritmos de batería esmagadoras e negroides. Son os ingredientes que conforman o “austero e primixenio” son de The Donkey Riders, trío musical que aposta pola vía máis auténtica e salvaxe da música afroamericana, interpretándoa de maneira descarada e singular, que actuará este sábado 10 de maio no SKANDALO, no Barco de Valdeorras a partir das 23 horas.
Cun repertorio composto de temas orixinais e adaptacións do xénero, The Donkey Riders ofrece un espectáculo dinámico e estimulante. “Se queredes suar e vibrar, a crueza estilística deste trío apaixonaravos e atraparavos nun bucle hipnótico cargado de decibeis”, aseguran dende a xerencia do local de hostalaria.