ConcellosTrivesÚltima hora

Tirada de fogos artificiais en Trives para manter viva a festa do Cristo

 

Co fin de manter en certa maneira viva a festa do Cristo en Trives, esta noite terá lugar na vila unha tirada de fotos artificiais. “Para elo o CD Trives fará unha aportación que provén de aportacións individuais de veciños, negocios e algunha asociación. O Concello faise cargo da metade do custo dos mesmos, así como da colaboración na organizacion, para que deste xeito todos os triveses e trivesas disfruten nesta noite do espectáculo de luces e cor”, tal e como se informa dende esta administración local.

Este espectáculo de luz terá lugar a partir das 23:30h. deste domingo 13 de setembro, véspera do día do Cristo na vila, e farase dende o campo de fútbol de O Agro.

Artigos relacionados

Back to top button