Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Todo listo para o I Memorial Luis Nogueira, o 24 de agosto no polideportivo de Vilamartín

 

De xeito moi especial lembrará Vilamartín de Valdeorras ao seu atleta máis internacional, Luis Nogueira, falecido en abril de 2021. Así o polideportivo municipal acollerá o vindeiro sábado 24 acollerá o inicio dos actos do I Memorial Luis Nogueira, no que ás 9:20h. descubrirase un busto deste lanzador de xavelina, obra do escultor barquense Xelo de Tremiñá, e unha placa co seu nome para poñerlle o nome do polideportivo Luis Nogueira.

Deseguido, darase saída a andaina do memoria, cun traxecto de 9 km ata San Vicente de Leira, localidade natal do atleta, cun avituallamiento en Cernego. Unha vez en San Vicente, ás 13:00 tamén se descubrirá unha placa co seu nome para poñerllo a unha rúa, tamén unha escultura de Xelo de Tremiña coa colaboración de Pablo Deramond. O programa finalizará cunha comida popular.

Este memorial estará organizado polo Concello de Vilamartín e o Club Adas Cupa do Barco coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, cos irmáns de Luis Nogueira, Xelo de Tremiñá e Pablo Deramond. Tamén colabora Esculpedra e Granival.

Back to top button