OurenseÚltima hora

O torneo “Magic” de Videoxogos reunirá en Ourense a máis de 300 persoas

Este evento celebrarase os días 7,21 e 28 no Espazo Lusquiños da cidade e repartirán máis de 2.500 euros en premios
Alberto Núñez Blanco, Sofía Godoy e José María Martín na presentación. 

Os amantes dos videoxogos teñen unha cita o vindeiros 7, 21 e 28 de outubro no Espazo Lusquiños de Ourense no Torneo “Magic” e Videoxogos (TMV), un evento alternativo de lecer. O horario de apertura ao público será de 10:30 a 20:00 horas. Segundo aseguraron os organizadores do evento na presentación de hoxe, 4 de outubro, Alberto Núñez Blanco e José María Martín, este evento ten previsto reunir a máis de 300 participantes de todos os puntos do país, e servirá de enlace para outros torneos máis prestixiosos. Ambos organizadores ven neste TVM “unha magnífica oportunidade para facer comunidade”.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, asegurou que “dende a Concellería nunca dubidamos do total acerto que supón a organización dun evento con estas características, e que non só suporá un magnífico aliado para promover a cidade, senón un punto de encontro e de referencia con vocación de continuidade, para todos os afeccionados ao Magic e aos videoxogos deste país”.

No tocante aos torneos competitivos, o torneo de Magic será a principal referencia este ano no formato “Modern”. Repartiranse 1.500 euros en premios e agárdase que asistan, coma en anteriores edicións, que acudan xogadores procedentes de toda España e de Portugal. Na parte dos videoxogos, o “FIFA 18” será o torneo competitivo máis importante, o xogo de simulación futbolística por excelencia. Repartiranse 500 euros en premios, informan dende Xuventude.

Por outro lado, xogo de taboleiro de miniaturas das naves máis coñecidas de Star Wars será outro ano máis un dos torneos con maior número de adeptos: os duelos épicos entre o Falcón Milenario e o infame Escravo Un de Boba Fett, ou Luke Skywalker no seu X-Wing contra o seu pai Darth Vader no seu Tie Advance… X-Wing está baseado en batallas intergalácticas entre as naves do imperio e os rebeldes do mundo de Star Wars, o obxectivo neste apaixonante xogo de estratexia é dirixir, mover e preparar as naves para derrotar o teu rival. Nesta modalidade haberá premios de 300 euros para os mellores participantes.

Pero a gran novidade deste ano é a inclusión do torneo de “Assetto Corsa” na plataforma PS4. Para disputar este campionato de simulación automobilística utilizaranse asentos especiais para videoxogos con volantes G29 para darlle maior realismo e emoción ás carreiras. O premio destinado para este torneo ascende a 200 euros.

Como colofón final, e aproveitando o V aniversario de TMV, por primeira vez os torneos de videoxogos e X-Wing serán de balde.

Toda a información, normativa e horarios detallados, están dispoñibles no facebook: tmvourense.

Artigos relacionados

Back to top button