Con dous premios, o club chegado dende Negreira convertíase no gran vencedor do IV Torneo de Petanca Festas da Santa Rita, celebrado este sábado 24 de maio nas pistas do Chao, no Barco.
Organizado polo Club de Petanca Valdeorras, o primeiro con Marisa Fernández na presidencia, a competición contaba coa participación de 24 tripletas de clubs do Barco, A Rúa, San Pedro de Trones, A Coruña, Villafranca e Negreira e comezaba pola mañá.

Tralas rondas e o xantar, pola tarde chegaban as semifinais e as finais resultando gañadora do primeiro premio a tripleta de Negreira A formada por Xoán, Carlota e Susana. O segundo premio era para a tripleta de Villafranca formada por Cristóbal, Toño e Juanjo) e o terceiro para a tripleta de Negreira B formada por Celso, Pedro, José Ramón e Francisco. O premio de consolación era para a tripleta da Coruña C formada por Tamires, Neiva e Octavio.
A entrega de premios contaba coa presenza do concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso e todos os participantes levaban un agasallo.
Fotos: Mónica G. Bellver.



