Concellos

Trasladada en helicóptero unha persoa á que tiñan que excarcerar tras unha saída de vía en Calvos de Randín

 

Na mañá deste sábado 27 de setembro unha persoa tiña que ser excarcerada tras unha saída de vía en Calvos de Randín, tal como informan dende o 112 Galicia.

O accidente tiña lugar arredor das 10horas cando, segundo lle indicou un particular ao 112 Galicia “un coche sufrira unha saída de vía no quilómetro 17 da OU-1112, ao seu paso pola parroquia de Lobás”. Ademais, “un dos ocupantes non era capaz de saír do interior do vehículo”, puntualizaban.

Con esta información desde a Sala de Operacións do 112 Galicia daban aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizabao helicóptero con base en Ourense ata o punto, aos Bombeiros de Xinzo de Limia, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Calvos de Randín.

“A dotación de bombeiros precisou usar o material de excarceración para liberar á vítima, a cal sería evacuada en helicóptero”, explican dende o 112, indicando que o outro ocupante do turismo, o condutor, “resultou ileso”.

Back to top button