ConcellosÚltima hora

Trasladado en estado grave o condutor da furgoneta que sufría un accidente en Candís

 

O condutor da furgoneta que sufría un accidente esta tarde na zona de Candís (Carballeda de Valdeorras) era trasladado en estado grave, segundo informa o 112 Galicia, que matiza ademais que neste vehículo viaxaban outras oito persoas, que resultaron feridas de diversa consideración e foron atendidas no lugar do accidente polos servizos sanitarios. Ningunha delas necesitou ser trasladada a un centro hospitalario.

O accidente produciuse ás 19:00 horas, no punto quilométrico 41 da N-536. “Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta dos feitos. Segundo indicaban, ningunha persoa estaba atrapada, pero unha delas non respiraba”, citando ao 112 Galicia, que tamén alertou do sinistro ao 112 Galicia o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros e do GES de Valdeorras, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Artigos relacionados

Back to top button