Pasadas as cinco da tarde deste 22 de outubro producíase un accidente de tráfico na estrada entre Valbuxán e O Bolo, na que se vían implicados unha bicicleta e un camión. O ciclista impactaba contra o vehículo pesado, que subía, nunha curva, resultando ferido grave.
Ata o lugar desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil do Bolo, 2 patrullas da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, o GES da Veiga e o helicóptero medicalizado do 061. O ferido foi trasladado en helicóptero para recibir atención sanitaria.
Fotos cedidas.