ConcellosMonterreiÚltima hora

Trasladado en helicóptero un condutor, tras caer co seu vehículo por un barranco en Monterrei

 

Contra as tres desta tarde producíase un accidente de tráfico no municipio de Monterrei. Un vehículo todoterreo saíase da vía no lugar de Paradiña, aldea abandonada Infesta, pertencente ao termo municipal de Monterrei (Ourense), segundo informa a Garda Civil.

O condutor e único ocupante, tras perder o control do vehículo e producirse a súa saída da vía, o todoterreo despeñábase e cae por un barranco duns 80 metros ata o leito dun regato, quedando atrapado no interior.

 

 

O 112 Galicia era informado do accidente por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dez minutos antes das 15 horas: o persoal sanitario solicitaba a colaboración doutros servizos de emerxencias para acceder ata o condutor. Así solicitábase a activación do helicóptero Pesca 1 para o rescate, dos Bombeiros de Verín, do GES de Laza, unha patrulla de motoristas do destacamento da Garda Civil de Tráfico de Verín e Equipo de Investigación de Sinistros de Tráfico do Subsector de Ourense.

 

 

O coche estaba nunha zona de difícil acceso e cun importante desnivel, o que dificultaba a retirada do ferido en padiola por terra. Deste xeito, desde Gardacostas de Galicia confirmaron a saída do seu helicóptero de rescate Pesca I.

Ao mesmo tempo, os bombeiros procederon coa excarceración do condutor, que foi recollido na aeronave e trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Imaxes cedidas.

Ver vídeo

 

Back to top button