OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un sendeirista tras caer e ferirse nunha perna en Sande (Cartelle)

 

Ao fío das 13 horas deste sábado 26 de outubro o 112 Galicia tiña constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de que un sendeirista sufrira unha caída na ruta do río Gato en Sande (Cartelle), lesionándose unha perna. “Pouco despois, chamaba tamén un particular que se atopaba co ferido e explicaba que se trataba dun percorrido complicado e que só se podía acceder a pé”, segundo o 112 Galicia.

Ata ese punto desprazábanse os equipos de intervención que valoraban que, debido á importante pendente, a mellor opción era un rescate aéreo. “Deste xeito, o Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizou o seu helicóptero Pesca I, cuxo persoal encargouse de recoller ao ferido e de trasladalo ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Neste operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, o GES de Terras de Celanova e de Ribadavia e Protección Civil de Cartelle”, segundo informa o 112 Galicia.

Back to top button