Ourense

Tres bodegas ourensás e unha das Rías Baixas presentan anada conxunta

Pazo de Casanova, Finca Viñoa, Fraga do Corvo e Quinta de Couselo deron a coñecer os novos produtos ao público nun evento celebrado na Galería Sargadelos de Ourense

As bodegas ourensás Pazo de Casanova, Finca Viñoa, Fraga do Corvo e a pontevedresa Quinta de Couselo (Rías Baixas) presentaron onte a anada 2015 nun evento aberto ao público na Galería Sargadelos de Ourense.

Entre os asistentes déronse cita hosteleiros e consumidores, que descubriron o proxecto vitivinícola do grupo, consistente en vencellar as variedades autóctonas galegas coas denominacións de orixe na que mellor se expresan: Treixadura na DO Ribeiro, Godello na DO Monterrei e Albariño na DO Rías Baixas, unido a unha viticultura tradicional e respetuosa co medio ambiente.

Os viños que se puideron degustar foron Casanova, Pazo Casanova e Finca Viñoa da DO Ribeiro; Fraga do Corvo da Do Monterrei; e Barbuntin, Turonia, Quinta Couselo e Quinta Couselo Selección da DO Rías Baixas.

Fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button